ACERCA DE
 
 

IMAXES DE FERROL


O proxecto imaxesdeferrol.com iniciouse no ano 2005 baixo a supervisión de Jose Ángel Teijeiro (Ferrol, 1977) e Gonzalo Golpe (Ferrol, 1977), coa idea de aproveitar as posibilidades de Internet para promocionar a cidade de Ferrol. Isto derivou na creación dun sitio web dedicado exclusivamente a mostrar a diversidade da cidade departamental. Para iso decidiuse facer unha páxina aberta a calquera persoa, sexa do lugar que sexa, a que participase neste proxecto. A única e pequena condición que impuñamos era que esta persoa tivese unha imaxe ou imaxes de Ferrol e que fose o autor ou autora delas.

Actualmente, imaxesdeferrol.com conta cun arquivo de imaxes que abarca case o medio milleiro, e cun número de colaboradores próximos ao medio centenar. Estamos profundamente agradecidos pola boa acollida que tivo e ten este proxecto, o que demostra as ganas da xente á hora de participar nunha actividade en común para o beneficio de Ferrol. Isto mesmo dános enerxías para seguir adiante e continuar con imaxesdeferrol.com para mostrar ao mundo a beleza de Ferrol.