Termos xerais:
Calquera persoa comprendida entre os 0 e 120 anos (ambos inclusive :P) pode participar no proxecto de IMAXESDEFERROL.COM. As imaxes refírense a esta cidade, pero isto non exclúe á xente de fóra de Ferrol. Se es de fóra e tes algunha fotografía da cidade departamental, non dubides en participar.
Obrigacións do creador/a:
- O nome que aparecerá nas imaxes correspóndese co do creador/a de as mesmas.
-O/a creador/a cede gratuitamente a imaxe ou imaxes para a súa divulgación.
-IMAXESDEFERROL.COM é unha plataforma visual para mostrar os diferentes lugares da cidade departamental. O seu obxectivo é dar a coñecer a riqueza visual da nosa cidade.
Referente ás imaxes:
-É recomendable que as imaxes sexan dun bo tamaño, por exemplo, superior aos 800 píxeles no seu lado maior.
-As imaxes teñen que ser orixinais. Non serven aquelas sacadas doutros sitios web, revistas, diarios, etc. A propia persoa ten que asegurar que é o propietario ou propietaria da mesma. No caso particular de que a/as imaxe/é sexan dun familiar, amigo, etc, hai que facilitar o nome do creador ou creadora da obra co seu lóxico consentimento.
-Cando envíes a imaxe ou imaxes, por favor especifica o teu nome, nome artístico ou apodo e o lugar ao que corresponde a imaxe para que podamos clasificala no apartado correspondente. Como algo opcional, podes mandarnos o teu e-mail e se a tes, a dirección do teu sitio web, por se alguén estivese interesado en contactar contigo.
-As imaxes poden ser tanto figurativas como abstractas, sempre que mostren un elemento discernible da cidade.
- O título da imaxe pode ser no idioma que queiras.